Judith Rodríguez logra dous metais no Campionato de España en esgrima adaptada

Ouro e prata para a viguesa na competición nacional, pero cun obxectivo claro: os Xogos Olímpicos de París 2024

4 de febreiro de 2024

Imaxe: judithesgrima.es

O evento citou aos mellores deportistas na capital do país para competir nas modalidades florete, espada e sable. Así, nesta cita inaugural foi anfitrión o Club Tres Cantos, nas que había marcadas catro probas, das cales Rodríguez se fixo con dúas preseas que se suman a un completo palmarés. A próxima meta de Judith é clara: buscar a praza olímpica no Europeo de París, que se celebrará do 5 ao 10 de marzo. 
 

Neste evento nacional, a viguesa proclamouse campioa en florete mixto contra o arxentino Carlos Freitas. Tamén firmou como subcampioa en espada mixta tras unha apretada final na que, finalmente, se impuxo o coruñés Iago Fernandez cunha puntuación 12-15.  A segunda xornada do campionato nacional celebrarase en Salamanca; Vigo acollerá unha nova sesión o 4 de maio e culminará o 1 de xuño en Donostia. 

 

Logo

©Derechos de autor. Todos los derechos reservados.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.