Sabías que Ainhoa Lameiro é a primeira muller galega en practicar o slalom a nivel profesional? 

Neste episodio explícanos en que consiste o seu deporte e a diferencia que hai con outras disciplinas do piragüismo. 

Coñecemos a historia de Lameiro, a situación actual do slalom en España e a falta de infraestructuras en Galicia para que os e as piragüistas poidan adestrar. Así mesmo, tamén abordamos o panorama olímpico e Ainhoa explícanos os seus obxectivos neste eido.

O primeiro programa de Quen Son Elas conta coa presenza de dúas nadadoras activas en Galicia: Alba Gómez e Rosalía Soler. 

Con elas conversamos sobre o seu deporte, sobre a semiprofesionalidade e sobre as barreiras económicas que existen na actualidade para continuar practicando esta disciplina. 

Tamén coñeceremos algunha novidade que están promovendo para atraer ao público. Ademais, inauguramos a sección "Faino como Switzer", onde contaremos a historia da primeira muller en rexistrarse e correr unha maratón no ano 1967.

Entrevistas anteriores

Repositorio de historias
Logo

©Derechos de autor. Todos los derechos reservados.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.