Galicia convértese na selección subcampioa de loita olímpica na Copa da Raíña

Lydia Pérez e Nerea Pampín fanse co ouro nacional no campionato celebrado no Centro de Alto Rendemento de Murcia

6 de marzo de 2024

Imaxe: Fegaloita 

Só por detrás de Andalucía, a comunidade galega situouse como a segunda mellor selección de loitadoras olímpicas femininas. Os resultados acadados nas probas en diferentes pesos permitiron que o combinado galego, que ademais contaba cun grupo reducido de deportistas debido a múltiples lesións, subisen ao podio como subcampión. O terceiro posto ocupouno Murcia, a comunidade anfitrioa do evento.

Lydia Pérez, do Club de Loita Pontevedra, e Nerea Pampín, do Keltoi de Vila de Cruces, conseguiron impoñerse nas súas respectivas modalidades de peso e conseguir o ouro nacional. Ambas deportistas veñen de competir no torneo internacional de Bucarest e buscan praza olímpica. Esta victoria supón desquitarse da eliminación en primeira ronda no internacional.

As compañeiras Raquel Bravo, Club de Loita Atila; Ana López, do Club de Loita Lugo; e Candela Castro, do Club Atila de Ourense, lograron a quinta posición nos seus pesos. Agora as loitadoras convocadas prepáranse para a Concentración Internacional celebrada do 10 ao 20 de marzo na capital italiana.
 

Logo

©Derechos de autor. Todos los derechos reservados.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.