O Baxi Ferrol impónse ante o Barça CBS cun resultado de 78-69

O conxunto galego busca clasificarse no playoff 
e atópase preto de conseguilo

06 de abril de 2024

Imaxe: uniferrol.org 

O Baxi Ferrol derrota ás rivais do Barça CBS tras un partido moi igualado ata o final do xogo. Ambos equipos saíron á cancha con moita forza e ganas de vitoria. Foron as ferrolanas as que estrearon marcador, pero a agrupación azulgrana fíxose co primeiro parcial no partido desputado na Malata.

Non obstante, o segundo cuarto de partido estivo moito máis igualado, cun resultado de 33-31. Xa no último tempo, foron os triplos de Gala Mestres os responsables de propiciar a victoria cun marcador que as colocaba 78 - 69 puntos.

Máis de dúas mil persoas acudiron á cita no pavillón. O Baxi Ferrol estivo acompañado por unha aficción que as arroupou ata o final do xogo. Así pois, puideron celebrar unha vitoria que achega ao equipo liderado polo adestrador Lino López á clasificación para a eliminatoria da Liga Feminina Endesa. As ferrolanas non abandonan a idea de loitar por un posto. 

Logo

©Derechos de autor. Todos los derechos reservados.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.