As Guerreras volven a vencer de maneira inminente a unha semana do preolímpico

Tratouse do último partido do Campionato Europeo 
contra o Azerbaiyán, saldándose nun 42 - 16

07 de abril de 2024

Imaxe: Real Federación Española de Balonmán

Tarde de recordo no municipio do Porriño. O equipo de balonmán feminino reuniu a case duas mil persoas para presenciar o último partido do campionato europeo, xusto antes de comezar coa carreira olímpica. 

O partido estivo liderado polas Guerreras en todo momento, pois conseguiron impoñerse rápidamente a un Arzebaiyán que pouco puido facer ante o ataque das españolas. Así, o marcador rematou cun contundente 42 - 16 a favor do conxunto vermello, onde Paulina Pérez Buforn destacou por anotar ata oito goles e ser elixida MVP do partido. 

Con todo, o técnico español Ambros Martín fixo pública na mesma xornada a convocatoria oficial das deportistas elixidas para acudir a Torrevieja a desputar o primeiro partido preolímpico 2024. A base estará conformada polas españolas 20 citadas no Porriño, sen Buforn. 

Os vindeiros partidos clasificatorios terán lugar: o xoves 11 de abril contra República Checa; o venres 12 de abril contra Argentina; e o domingo 14 de abril contra Paises Bajos.



 

Logo

©Derechos de autor. Todos los derechos reservados.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.