Imaxe: FEDS
O equipo feminino de Fútbol Sala para Xordos español logrou o triunfo nos Xogos Xordolímpicos de Inverno celebrados en Erzurum, Turquía. Foi contra o bando de Brasil, alcanzando un resultado de 2-5 tantos. Así, as galegas Eva Dios e Candela Soria foron as artífices de subir o marcador a favor das españolas: por unha banda, a actual xogadora do RC Deportivo, Eva Dios, foi determinante na execución das accións estratéxicas do conxunto, tras un partido no que destacou a súa presenza activa e xogo en equipo; Candela, en cambio, foi autora de tres dos cinco goles que proclamaron campioa á selección vermella.
O partido comezou con gran intensidade nos primeiros dez minutos de partido, onde a ourensana, Candela Soria, se desmarcou en dúas ocasións e anotou gol (0-2). Non obstande, as rivais brasileiras non baixaron a garda e conseguiron finalizar o primeiro tempo cun 1-2, poñendo en perigo a victoria das españolas. Xa na segunda parte tralo descanso, e cunha estratexia máis ofensiva na que a Eva destacou pola súa coordinación coas compañeiras, as españolas puideron sumar outros tres goles firmados polas xogadoras Estrella, Candela e Pilar. Así, o marcador final quedou rexistrado con dous goles do equipo contrario fronte a cinco tantos do elenco español, converténdose en campioas olímpicas e agregando unha importante presea ao seu palmarés.
Con todo, malia a felicidade do logro, a Federación Española de deportes para Xordos (FEDS) fixo público un comunicado no que manifestaban a súa disconformidade cunha serie de acontecementos acaecidos tralo encontro. "Entre os feitos reportados inclúense acusacións de racismo hacia unha xogadora brasileira por parte dunha xogadora española, que a FEDS nega rotundamente e pide probas concretas. Ademais, denunciaronse actitudes hostís por parte do público brasileiro e do persoal federativo de Brasil, así como un incidente físico entre un membro técnico brasileiro e o presidente da FEDS", sinala a federación española no documento emitido.
Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones
Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.