C.H. Cambre faise co ouro no Campionato galego de clubes 

Onte desputouse o desenlace autonómico de halterofilia no polideportivo Monte das Moas, A Coruña 

20 de outubro de 2024

Imaxe: RR.SS CH Cambre

A elite galega da halterofilia citouse onte no polideportivo Monte das Moas, na Coruña, para dar a coñecer o equipo gañador do Campionato galego de clubes. O C.H. Coruña foi o foco de atención dos seus rivais, pois viña de proclamarse como o club campión na anterior edición, tanto na categoría masculina como na feminina. 

O C.H. Cambre foi quen de impoñerse na categoría feminina, alcanzando 1.031.59 Puntos Sinclair e logrando o primeiro posto do podio. Por detrás, mantívose o C.H. Coruña, con 988.83 P. S. e o C.H.Ourense, con 906.06 P. S. Con todo, o equipo da cidade herculina conseguiu revalidar a súa primeira posición na categoría masculina, con 1652.03 P.S., seguido de C.H. Cambre e C.H. Sulyos, con 1647.18 P.S, e 1458.30 P.S., respectivamente.

En canto ás clasificacions individuais, a deportista Uxia Romero, do C.H. Ourense, ocupou a primeira posición do podio. As preseas de prata e bronce foron para Cambre, grazas a Mariana Batista e Paula Vilchez. En canto á categoría masculina, Martín Liste fíxose co ouro, Víctor castro coa prata e Miguel Almeida co bronce. Os tres deportistas forman parte do C.H. Coruña.
 

Logo

©Derechos de autor. Todos los derechos reservados.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.