Rosalía Soler conquista o ouro en 100 metros bolboreta absoluta no Campionato de Galicia

O club Náutico de Vigo, ao que pertence a guardesa, tamén pecha tempada como subcampión absoluto de natación da comunidade

30 de decembro de 2023

Imaxe: Real Club Náutico de Vigo

A piques de pechar o ano, disputouse en Lugo o Campionato de Galicia de inverno nas categorías absoluta e júnior. A nadadora Rosalía Soler, do Real Club Náutico de Vigo, acadou o ouro autonómico no 100 metros bolboreta, mais ven de facer unha excelente tempada, pois xa en xullo o equipo feminino vigués alzara a presea dourada na competición de verán. 

O club da deportista tamén remata o ano como subcampión absoluto de natación nos Campionatos de Galicia de inverno, revalidando a súa posición do ano anterior. Só quedou por detras do CN Ponteareas, club da nadadora Carla Carron, quen acadou o primeiro posto nas probas de 50 metros libres e 400 metros libres.

Logo

©Derechos de autor. Todos los derechos reservados.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.