Bo comezo para Alejandra Neira na Copa de España feminina Cofidis 2024 

A cadete rematou en segunda posición a carreira celebrada en Noja e tamén se fixo co premio montaña

3 de marzo de 2024

Imaxe: RFEC

Doble triunfo para Alejandra Neira no primeiro encontro da Copa de España feminina Cofidis 2024 nos arredores de Noja. A ciclista galega rodou os 32,8 quilómetros de carreira cadete e, tras unha accidentada chegada de varias competidoras, Neira logrou anticiparse ata cruzar a liña de meta na segunda posición. Só puido impoñerse a vasca Maialen Narbona, do Loiumat-PG, á santiaguesa. Entre as dez primeiras atopábase outra galega, Irene Signo, do TenerifeBikePoint, quen rematou oitava. 

O vindeiro 17 de marzo continuará a copa estatal polo norte de España, celebrándose o segundo encontro en Guipúzcoa. Unha semana despois, o día 24, volverán a citarse en Pontevedra. En total, a competición suma sete encontros puntuables. 

Logo

©Derechos de autor. Todos los derechos reservados.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.