A Final Four Champions terá pegada coruñesa

O Hockey Clube Coruña métese na final europea 
tras vencer ao conxunto portugués 

06 de abril de 2024

Imaxe: @hccorunafeminino

Oito a cero resultou o marcador que lle deu pase directo á final da Champions ao Hockey Clube Coruña Feminino. Alba, Anna, Mar, Fernanda e Luchy firmaron os tantos durante un encontro onde o A.Stuart Hóquei Clube Massamá pouco puido facer por impedir o ataque das herculinas.  

Esta formación conta con apenas un ano de vida, pois son as herdeiras do anterior equipo Liceo, mais as galegas atópanse no seu mellor momento. A final desputarase a finais deste mes, onde loitarán cos equipos Vila-sana, Fraga e Palau polo título internacional. 

Logo

©Derechos de autor. Todos los derechos reservados.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.