O Zalaeta suma tres puntos tralo seu encontro contra o VP Madrid

Inés Losada comeza unha tempada prometedora, sendo a máxima anotadora deste encontro

20 de outubro de 2024

Imaxe: Pedro Rivas, CI Zalaeta

O comezo de tempada do Zalaeta non pode ser mellor: tres xornadas, tres vitorias. Isto coloca ao equipo galego na segunda posición da clasificación nacional, empatadas a puntos co UC3M Voleibol Leganés. 

O último triunfo tivo lugar este sábado no polideportivo do Barrio das Flores, na Coruña. O Zalaeta atopouse cun VP Madrid que apenas puido facer oposición, xa que as do conxunto da cidade herculina se amosaron moi cómodas durante o partido. As madrileñas, polo tanto, non puideron anotar en ningún dos tres sets ( 25-12; 25-21; e 25-18), e o marcador rematou cun 3-0 a favor do Zalaeta.

Malia algunhas baixas deste verán, o equipo de Jorge Barrero soubo facer fronte a esta nova tempada con moitas ganas. Neste encontro, non pasou desapercibida a coruñesa Inés Losada, quen se converteu na máxima anotadora con 14 puntos, seguido de Alba Quirós e Inés Rivas, ambas con 9 puntos. 

  • Próxima xornada: CV Torrelavega - Zalaeta, en Cantabria.

 

Logo

©Derechos de autor. Todos los derechos reservados.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.