Julia Benedetti, unha das oito skaters convocadas para a fase final do preolímpico

A coruñesa representa a Selección Española de Park  nas Olympic Qualifier Series, fase decisiva para entrar nos Xogos de París 2024

6 de marzo de 2024

Imaxe: Comité Nacional de Skateboarding  

Julia Benedetti non estivo entre as oito mellores puntuacións no Pro Tour de Dubái, polo que se quedou ás portas da final do campionato internacional. Non obstante, a deportista puido sumar os puntos necesarios no ranking World Skate e clasificarse na fase final do preolímpico. 

Isto significa que a coruñesa aínda ten unha oportunidade de lograr praza nos Xogos Olímpicos de París 2024, xa que as súas puntuacións a situaron entre os 44 skaters con mellores resultados (27ª). Non foi doado na semifinal de Dubái, pois no seu primeiro turno de exhibición foi valorada cunha puntuación que a afastaba da final da competición, isto é 71,13 puntos fronte os 82,23 da oitava clasificada, Bryce Wettstein. A coruñesa viuse na necesidade de arriscar nas súas seguintes saídas, pero en ambas remataron sobre o cemento. Malia non clasificarse, Benedetti logrou a 13ª posición e uns resultados positivos na súa carreira deportiva. 

Con todo, a compañeira de selección, Naia Laso, conquistou o ouro do Pro Tour de Dubai na categoría feminina. Danny León tamén se levou o metal dourado na masculina e ambos skaters estarán tamén na final preolímpica loitando pola praza de París. Estas probas clasificatorias terán lugar en Shanghai, do 16 ao 19 de maio, e en Budapest, do 20 ao 23 de xuño. Nos Xogos Olímpicos de París 2024 haberá un total de 44 skaters participantes en cada modalidade, cun máximo de tres atletas por país. 

Logo

©Derechos de autor. Todos los derechos reservados.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.