Saleta Fernández proclámase subcampioa de España en salto de altura

A atleta do club Valencia Esports competiu na proba de salto de altura nacional en pista cuberta que se disputou en Ourense. 

19 de febreiro 2024

Imaxe: RFEA

 

Dous centímetros separaron a Saleta do metal dourado no Campionato de España Short Track que se disputou en Ourense. A atleta do Valencia Esports competiu o nacional na súa comunidade natal e, por sexta vez consecutiva, volveu a subir ao podio cunha marca de 1.82 metros. 

Foi a malagueña Una Stancev quen revalidou o título, grazas a un salto de 1,84 metros, mellorando tamén a súa marca persoal. Ao remate do evento, a deportista monfortina expresaba nas súas redes sociais que esta victoria tiña un sabor agridoce, pero tamén mostrou unha actitude positiva de cara as próximas competicións. 

Con todo, Saleta logra a prata e suma outro metal nunha tempada prometedora, pois ven de conseguir a séptima posición no World Athletics Indoor Tour Gold de Kazajistán coa súa mellor marca de 2024, 1.84 metros. Agora as forzas concéntranse para o próximo evento en pista cuberta, que terá lugar o próximo 23 de febreiro en Madrid. 

 

 

 

Logo

©Derechos de autor. Todos los derechos reservados.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.