Imaxe: FEDDF
Xornada de emocións para Judith. A deportista volve do europeo cun gran sabor de boca tras revalidar o metal de bronce en espada e derrotar en cuartos de final á actual número un de sable do mundo, a polaca Kinga Drozdz, tras un tanteo de quince tocados a nove.
Non obstante, este resultado non lle da a oportunidade de sumar puntos para conseguir a praza nos Xogos de París 2024. Judith precisaría alcanzar o mellor resultado europeo nos dous últimos anos, pero tanto neste como en Varsovia 2022, a viguesa logrou a terceira posición. Isto significa que a súa ocasión de clasificarse se reduce á competición que se celebrará en Brasil no mes de maio.
Rodriguez suma a súa sexta presea internacional con este logro en tan só dous anos que leva no circuito IWAS. Esta fin de semana volve a competir na arma de florete, unha modalidade que na que se fixo co ouro nacional en categoría mixta en febreiro.
Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones
Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.