Dúas loitadoras galegas adéstranse na concentración internacional de Roma

Lydia Pérez e Nerea Pampín participarán coa selección española do 10 ao 24 de marzo tras gañar a Copa da Raíña

12 de marzo de 2024

Imaxe: Fegaloita 

Dúas semanas de adestramento internacional para as campioas da Copa da Raíña. Lydia e Nerea aproveitan a oportunidade para prepararse e conseguir unha praza nos Xogos Olímpicos de París 2024 e participarán nas xornadas coa selección española feminina absoluta de loita libre olímpica. 

O evento trátase dunha concentración internacional que ten lugar no Matteo Pellicone de Lido di Ostia, situado na capital italiana. Nerea Pampín, do Keltoi de Vila de Cruces, compite no peso de 68 kg ; en cambio, Lydia Pérez, do Club de Loita Pontevedra, participa en 62 kg. 

Logo

©Derechos de autor. Todos los derechos reservados.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.